Detido un mozo por conducir drogado, carecendo de carné e mentindo sobre a súa identidade
Por Redacción
A Policía local de Vilagarcía de Arousa detivo na madrugada deste martes un mozo de 26 anos por un delito contra a seguridade viaria e por mentir sobre a súa identidade.
Segundo informan dende o Concello de Vilagarcía, o detido, que responde ás iniciais de B.E.G., conducía baixo os efectos das drogas carecendo de permiso de circulación e deu aos axentes o nome e datos persoais dun amigo co obxecto de eludir a súa responsabilidade penal.
As feitos aconteceron na rúa Doutor Moreira Casal cando a patrulla da Policía Local deulle o alto ao vehículo conducido polo individuo en cuestión ao comprobar que circulaba coa ITV caducada.
Cando lle pediron que se identificara, asegurou que non levaba consigo a documentación, dando verbalmente o nome e apelidos, número de DNI, dirección do domicilio e nome do pai e da nai. Os axentes comprobaron a través do padrón municipal que todos os datos coincidían co nome, descoñecendo nese momento que se correspondían cos dun amigo do condutor.
Ao amosar síntomas externos coincidentes cos do consumo de estupefacientes, os axentes fixéronlle a proba de detección de drogas, que dá positivo. En consecuencia, levárono ata as dependencias da Policía Nacional para verificar a identidade e cursar denuncia por conducir baixo efectos das drogas.
Unha vez encComisaría, o mozo reafirmou a identidade manifestada inicialmente, aspecto que tras cotexar dos datos da DGT comprobouse que era falso ao non coincidir a foto coa cara do individuo. Ao terceiro intento, o mozo recoñeceu que carecía do preceptivo permiso de conducir e que deu os datos persoais dun amigo para eludir a súa responsabilidade, aportando finalmente a súa identificación real.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Vilagarcía retoma as patrullas en bicicleta por praias e espazos peonís
Por Redacción |
-
O suceso que acabou coa fiestra de Carlota Román esnaquizada por erro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Arrestado un veciño de Vilagarcía por romper o parabrisas dun coche patrulla e golpear a un axente de policía
Por Redacción |
-
Tráfico prevé uns catro millóns de desprazamentos entre xullo e agosto na provincia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |