Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica, nova vicepresidenta adxunta no CSIC
Por Redacción
Elena Cartea González, directora da Misión Biolóxica de Galicia, con sede na parroquia pontevedresa de Salcedo, intégrase como vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), despois de que Eloísa del Pino, nova presidenta da axencia estatal seleccionase ao novo equipo directivo da institución.
Natural de Vigo, a científica forma parte do CSIC desde o ano 2000. Licenciada e doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela completou a súa formación en Xenética de Plantas cun Master of Science in Plant Genetics pola Universidade de Lleida, entre outros estudos de carácter internacional. En 2015 asumía a dirección da Misión Biolóxica de Galicia.
Desde 2008 exerce como investigadora científica e dirixe o grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas. As súas liñas de investigación céntranse no estudo das interaccións das plantas de brásicas e o seu agrosistema. Nestes estudos analiza a resistencia a situacións de estrés, produción e calidade, dedicando un especial interese ao estudo dos compostos bioactivos glucosinolatos, polo seu potencial anticanceríxeno dentro dos traballos en defensa da planta e a saúde.
Estes proxectos inclúense na sustentabilidade agraria, o cambio global, a conservación da biodiversidade e a obtención de alimentos sans e seguros para a saúde.
Relacionadas:
-
Dúas citas científicas sitúan a Pontevedra como referente mundial
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e a Universidade de Vigo acordan o uso conxunto de varias instalacións en Pontevedra
Por Redacción |
-
Investigadores da Misión Biolóxica identifican 163 pés de viña en Santa Clara
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica participa nunha investigación para producir pan de millo de calidade máxima con fariñas galegas
Por Redacción |
-
O CSIC inicia o proceso para rexistrar once variedades de oliveira autóctonas de Galicia, únicas no mundo e de interese comercial
Por Redacción |