A Xunta e a Universidade de Vigo acordan o uso conxunto de varias instalacións en Pontevedra
Por Redacción
Tras a súa reelección como reitor da Universidade de Vigo para os próximos catro anos, Manuel Reigosa e a nova vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, mantiveron este mércores unha reunión co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, dirixida a abordar as liñas de colaboración abertas entre as dúas institucións.
Alén doutras liñas de traballo conxunto, a xuntanza serviu para falar dunha colaboración en materia de utilización de espazos.
Como explicou Reigosa, levará "moi probablemente" á sinatura "en breve" dun convenio de colaboración para o uso conxunto de varias instalacións, "que vainos permitir servir á cidadanía dun xeito moito mellor en distintos actos".
Na xuntanza tamén participou o xefe territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Ramón Pereiro.
No encontro abordáronse tanto as iniciativas "xa en marcha" como os "proxectos que temos para o campus", como explicou Reigosa, que agradeceu o apoio amosado polo delegado territorial para o impulso de múltiples iniciativas.
"A reunión enmárcase dentro dunha liña de contacto que queríamos manter a efectos de seguir impulsando proxectos e liñas de colaboración coa universidade", engadiu López, que aproveitou a xuntanza para "darlle os parabéns" a Reigosa e Lantarón tras os seus nomeamentos, á vez que para pór de relevo o papel da Universidade de Vigo e do campus pontevedrés como un elemento "vital, que axuda a construír cidade e provincia".
Relacionadas:
-
Unha pantalla de madeira illará, a finais de 2023, o campus do ruído do tráfico da avenida de Compostela
Por Anxo Lourido |
-
Fronte común entre a Deputación e a Universidade de Vigo para captar fondos europeos
Por Redacción |
-
Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica, nova vicepresidenta adxunta no CSIC
Por Redacción |
-
O IES A Xunqueira I someterase a unha reforma integral valorada en 735.000 euros
Por Redacción |
-
A iniciativa "Future Stories" impulsará a carreira profesional dos novos titulados en Belas Artes
Por Redacción |
-
Recambio xeracional e atraer talento investigador, retos do reitor Manuel Reigosa na súa nova etapa
Por Oskar Viéitez |