Pontevedra conmemora "60 anos educando en liberdade" das escolas asociadas á UNESCO
Por Natalia Puga
180 alumnos de nove dos 14 centros educativos galegos integrados na Rede de Escolas Asociadas á UNESCO danse cita entre este luns e o mércores 27 de novembro no Pazo da Cultura para celebrar o seu quinto encontro galego e, de paso, as seis décadas pasadas desde a creación deste iniciativa. O lema é '60 anos de Educación en Liberdade'.
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, José Manuel Pinal, inaugurou o encontro presentándoo como "unha xuntanza para a convivencia e ou intercambio" e animando a alumnos, pais e profesores asistentes a "crecer e vivir a diversidade", pois "enriquece as persoas e une os pobos".
Entre os asistentes están alumnos dos colexios San Bieito de Lérez, Cabanas de Salcedo, Marcos da Portela de Monte Porreiro, Manuel Vidal Portela, Luís Seoane de Monte Porreiro, Pedra da Auga de Ponteareas e Pazo da Mercé das Neves. A todos eles eloxiounos José Manuel Vidal porque ser unha escola asociada á UNESCO "favorece o coñecemento de culturas propias e alleas" e permite falar de conceptos como "interculturalidade, mobilidade ou implicación do profesorado".
A edil de Cultural de Pontevedra, Anxos Riveiro, agradeceu o traballo de todos os que traballan para facer realidade esta rede de escolas asociadas e transmitiu aos participantes no encontro que "tedes nas vosas mans a responsabilidade de intentar cambiar as cousas, de intentar cambiar o mundo".
A coordinadora estatal da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, Rufina Moreno, asegurou que 60 anos logo da posta en marcha desta iniciativa "la red está más viva que nunca" e "se ha fortalecido en su intento por una educación de calidad, en el respeto y en la igualdad".
Alumnos, pais e profesores son tres alicerces básicos para que o espírito da rede sexa posible, por iso é polo que se dese voz no encontro a María Lores, representante dunha asociación de pais, que cre que o máis importante destes centros é que propician que "o importante é aprender a aprender" e maniféstase "profundamente" defensora da "escola pública, inclusiva, libre e de calidade".
Relacionadas:
-
Lores invita os estudantes de Bos Aires a que proben o 'octopus to the party'
Por Redacción |
-
A Facultade de Ciencias da Educación aspira a integrarse nas Escolas asociadas da Unesco
Por Redacción |
-
Uns 200 mestres das Escolas Asociadas á Unesco xuntaranse en Pontevedra en xullo
Por Redacción |
-
As doce escolas galegas asociadas á Unesco intercambiarán experiencias en Pontevedra
Por Redacción |