A ponte da Barca fai perigar o pacto de goberno en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
"Si no sale adelante esta moción yo rompo el pacto de gobierno", así de ameazante púxose o único concelleiro de VIPS ante os seus socios do Partido Popular no goberno local de Sanxenxo.
A estabilidade da coalición gobernante pendía do último punto da orde do día do Pleno municipal celebrado na noite do luns no que se reclamaba ao Concello de Pontevedra que cando rematen as obras da Barca se reabra o tráfico en dobre sentido na ponte.
A iniciativa do concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Rodríguez (VIPS), xustificábase en que o peche da ponte "está causando perjuicios a los vecinos de este ayuntamiento que se desplazan a Pontevedra y a los de la capital que acuden de forma habitual a Sanxenxo".
A medida foi cualificada como "supramunicipal" ao tratarse a ponte da Barca de "una arteria" cuxa influencia está "más allá de los límites municipales de la capital". E citou como mostra o "rechazo social que el corte ha suscitado entre los vecinos de Pontevedra y Poio".
"Si yo soy de Pontevedra y ocurre eso rompo el pacto de gobierno y aquí haré lo mismo si la moción no sale adelante", insistiu rotundo, "yo vivo en Pontevedra. Es la ciudad donde nací. Y mi hijo tiene negocio en la calle Echegaray y sé de sobra lo piensan los comerciantes de esta calle".
Os grupos da oposición -PSOE, BNG e SAL- mostraron a súa sorpresa pola airada reacción do edil independente "se despois de todo o que está a pasar coa corrupción en Sanxenxo vostede rompe agora o pacto por isto vai ser titular nos xornais de todo o país", dixo o nacionalista David Otero.
"Imos a apoiar a moción", resolveu a alcaldesa popular, Catalina González, "mais non polo pacto de goberno, nin polos comerciantes de Echegaray, senón polos veciños de Sanxenxo porque entrar en Pontevedra co coche é un caos. E Pontevedra é a capital da nosa provincia".
Así, cos votos a favor de VIPS, Partido Popular e finalmente tamén os de SAL, o Concello de Sanxenxo dirixirá un "rogo" ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para que "cando rematen as obras" se reabra o tráfico en dobre sentido na ponte da Barca.