O Concello da Lama recupera o "Verán cultural" e organiza a "Festa da mocidade"
Por Redacción
O tenente de alcalde da Lama, David Carrera presentou este martes a programación do o "Verán cultural" na que inclúe a celebración da "Festa da Mocidade" cun concerto na Alameda dos grupos ‘Sete Cuncas’ e os ‘Wavi Gravies’, o vindeiro xoves 28 de xullo a partir das 22:30 horas.
O martes 26 de xullo no contesto das festas locais de Santa Ana e San Xoaquín actuará na Praza da Pedreira, ás 19 horas, a Banda de Música Municipal da Lama. Ao día seguinte no mesmo escenario e á mesma hora actuará a Banda de Música da Estrada.
O venres 29, ás 21 horas, unha compañía de teatro será a encargada de poñer en escena na Alameda unha obra cómica para todos os públicos. O sábado 30 volverá á Alameda o Cinema na Rúa coa proxección da película “Superagente Makey”, ás 22:30 horas nunha pantalla xigante, protagonizada polo humorista, actor e showman Leo Harlem.
VOLVEN AS PIRAGUAS AO RÍO VERDUGO
No mes de agosto as piraguas volverán surcar de novo as augas do río Verdugo cos paseos organizados polo Concello o luns día 1, a partir das 17 horas. Esta actividade é totalmente gratuíta e os interesados en participar deben inscribirse nas distintas quendas nas oficinas municipais.
O martes 2 de agosto, a partir das 17 horas, os inchables e as piscinas móbiles tomarán a Alameda para celebrar a Festa Infantil na que non faltarán nin a música nin a escuma.
O mércores 3 de agosto proxectarase nunha pantalla xigante a película “A todo tren. Destino Asturias” protagonizada por Santiago Segura.
Finalizarán as actividades do Verán Cultural o xoves 4 de agosto coa celebración do tradicional Xantar da 3ª Idade que terá lugar na Carballeira das Ermidas, en Antas. Os interesados en participar que cumpran os requisitos poderán facelo a un prezo subvencionado polo Concello de 10 euros mentras que os que non, deberán abonar íntegramente o prezo do prato que son 30 euros.