Tres feridos nunha colisión frontal na Variante de Marín
Por Diego Torrado
O 112 alertou dun accidente de tráfico na Variante de Marín (VF 4.4 quilómetro 7). En concreto o sinistro tivo lugar ás 15:15 horas á altura do enlace coa PO-313.
Segundo estas mesmas fontes tratouse dunha colisión frontal entre unha furgoneta que viaxaba sentido Bueu e un Renault Clio, sentido a Pontevedra.
Urxencias Médicas indicou que como consecuencia do forte impacto resultou ferida de gravidade a condutora do Clío e menos graves os dous ocupantes da furgoneta. Os feridos foron trasladados en ambulancia a un centro hospitalario da capital.
Ata o lugar do suceso trasladáronse Urxencias Médicas, Garda Civil, Protección Civil de Marín e unha unidade de Mantemento de Estradas da Xunta.