"O tempo acábase", avisan os familiares do Villa de Pitanxo ante a reunión coa Ministra de Transportes
Por Diego Espiño
Os familiares dos 21 pescadores falecidos no tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo en augas de Terranova, en Canadá, teñen a próxima semana unha cita imprtante, coa reunión prevista en Madrid coa ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.
O encontro celebrarase o vindeiro martes 26 de xullo, ás 12.30 horas, unha cita ante a que as familias dos falecidos e desaparecidos no naufraxio reiterarán a súa petición de baixar ao pecio para obter probas sobre as causas do accidente.
"Xa non hai argumentos para non baixar: tecnicamente é posible baixar cun robot ao pecio, hai medios e hai cooperación de Canadá", asegura a portavoz dos familiares, María José de Pazo.
"É responsabilidade do goberno coñecer con todas as probas obxectivas as causas do afundimento a fin de evitar que se repita", defende asegurando ademais que "o tempo se acaba" xa que "o verán vai chegar pronto ao seu fin".
Por todo iso "o martes o goberno ten unha oportunidade histórica de demostrar a súa responsabilidade cos traballadores deste país", asegura de Pazo lembrando o compromiso adquirido no seu momento polo presidente do Goberno de facer "o posible e imposible" e que "quedou nunha frase sen tentar materializarse".
Relacionadas:
-
O BNG leva ao Congreso a decisión de investigar o naufraxio cunha maqueta, sen baixar ao barco
Por Natalia Puga |
-
A decepción das familias do Villa de Pitanxo tras reunirse coa ministra de Transportes: "Non foi como esperabamos"
Por Natalia Puga |
-
O presidente da Xunta comprométese a trasladar a Pedro Sánchez as reivindicacións das familias do Pitanxo
Por Oskar Viéitez |
-
Recordo aos mariñeiros do Pitanxo no acto de entrega de despachos na Escola Naval
Por Oskar Viéitez |
-
Familias do Villa de Pitanxo, en Bruxelas: "Viñemos aquí a pedir amparo ás institucións europeas"
Por Natalia Puga |
-
Familias do Villa de Pintanxo reuniranse coa ministra de Transportes e insistirán na necesidade de baixar ao pecio
Por Natalia Puga |
-
Un estudo ve "plausible" baixar ao pecio do Villa de Pitanxo para investigar o naufraxio
Por Alejandro Espiño |
-
Familias do Villa de Pitanxo reuniranse con Canadá o 7 de xullo e preparan viaxes a Bruxelas e Lisboa
Por Natalia Puga |