O Supremo resolverá en outubro o primeiro recurso ás sentenzas que anulan a prórroga de Ence
Por Redacción
Ence - Energía y Celulosa comunica que o Tribunal Supremo xa notificou que no mes de outubro resolverá o primeiro recurso de casación presentado en contra das sentenzas da Audiencia Nacional que anulan a prórroga da concesión na Ría de Pontevedra da biofábrica de Lourizán ata 2073. Para o día 4 de outubro está fixada a votación do recurso de casación presentado por Ence.
Fontes da compañía pasteira indican que é previsible que a sentenza se publique durante o último trimestre deste ano 2022.
Na mesma nota informativa, Ence sinala que obtivo un beneficio neto atribuíble de 32 M€ no segundo trimestre do exercicio, elevando ata 45 M€ o acumulado na primeira metade de 2022.
O fluxo de caixa libre xerado no segundo trimestre alcanzou os 71 M€ e elevouse a 129 M€ entre xaneiro e xuño, pechando o semestre sen débeda neta.
Fontes da compañía pasteira indican que o prezo da celulosa superou os 1.350 dólares brutos por tonelada en xullo e os principais produtores anunciaron subidas adicionais ata os 1.380 dólares. A mellora no prezo medio de venda continuou impulsando a marxe operativa do negocio, compensando amplamente a inflación xeneralizada no custo das materias primas e da loxística.
O resultado operativo do negocio de Celulosa alcanzou os 49 M€ no segundo trimestre e elevouse a 70 M€ no semestre, un 70% máis que no mesmo período de 2021. Pola súa banda, o resultado operativo do negocio de Enerxía renovable alcanzou os 53 M€ no segundo trimestre e os 79 M€ no acumulado anual.
Neste sentido, informan desde Ence que o negocio de Enerxía Renovable, a través da súa filial Magnon Green Energy, seguirá centrado no desenvolvemento da súa carteira de proxectos de biomasa e fotovoltaicos, así como en novas oportunidades en análises.
Relacionadas:
-
O Supremo apraza a votación que marcará o futuro de Ence en Lourizán
Por Redacción |
-
O aparcamento da Praza de España subirá as súas tarifas un 7,6%
Por Oskar Viéitez |
-
O 22% do persoal de Ence, afectado polo ERTE previsto para catro meses
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
ENCE aplicará un ERTE aos seus traballadores en Pontevedra ao deter a produción pola seca
Por Alejandro Espiño |
-
O Supremo admite a trámite o recurso de casación de ENCE contra unha das tres sentencias que invalidan a súa concesión
Por Redacción |
-
A Audiencia Nacional anula a prórroga de ENCE
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada