Nace "Xuntos por Galicia" o novo partido de Landín Eirín
Por Oskar Viéitez
Este mércores constituíuse nunha notaría de Vilagarcía o partido político "Xuntos por Galicia", que ten como principal impulsor a José Antonio Landín Eirín, ex alcalde de Barro.
Tras abandonar a militancia do Partido Popular "por falta de inversións e de diálogo no noso concello", Landín Eirín preside esta nova formación de ámbito autonómico e local "con vocación galega, aínda que en cada concello onde se presente tamén levará o nome que corresponda", como ocorrerá no seu concello coa denominación de "Xuntos por Barro".
O secretario de "Xuntos por Galicia" é José Suárez e o tesoureiro, Lucho Martínez.
"Ao longo destes meses tivemos contacto con outras persoas doutros concellos que sofren o que nos estamos sufrindo" explicou Landín, que citou o exemplo dos municipios do Salnés que levan décadas co proceso de concentración parcelaria "atrancado" ou que a Deputación se dedique a "dar limosnas a los concellos" no canto de "construír infraestruturas e dar servizos".
Ante esta situación "pensamos que temos que botar unha man" e o primeiro paso foi crear a estrutura deste novo partido e "para as próximas municipais" manteñen contactos e están "abertos" para "presentar listas na maior parte de concellos que poidamos".
Relacionadas:
-
Xuntos por Barro, o partido do ex alcalde Landín Eirín, presenta a súa lista ás municipais
Por Redacción |
-
Eduardo Ruadas será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Barro
Por Redacción |
-
Oficialízase o paso de tres concelleiros do PP de Barro ao grupo de non adscritos
Por Redacción |
-
O PP de Barro deixa atrás a época de Landín Eirín cunha nova xestora que presidirá Eduardo Ruadas
Por Redacción |