Nove empresas optan ao contrato da auga de Sanxenxo
Por Redacción
Un total de nove empresas presentaron as súas ofertas para xestionar o servizo de saneamento e abastecemento de auga no municipio por un prazo de 25 anos. A empresa concesionaria terá que asumir a realización de 80 actuacións valoradas en 11.963.798 euros.
O prazo de presentación concluíu hoxe ás 14 horas con ofertas de 3 UTE formadas por Acciona Auga Servizos e Civis Global, por Copasa e Gomsl e FCC Aqualia e Gadessa. Tamén presentaron proposta Ansareo Servicios Integrales, Espina y Delfín, Facsa Proyecon, Gestión y Técnicas del Agua, Hidrogestión e Socamex
A previsión do goberno é ter adxudicado o servizo a finais deste ano.
O municipio ten un total de 16.900 vivendas das que 726 (4,3%) carecen de saneamento ou auga. O contrato inclúe a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira con novas infraestruturas de abastecemento de auga con 7 actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.
A empresa concesionaria terá que completar as 3 fases nos 36 primeiros meses desde o inicio da concesión. A prioritaria é a fase de ampliación da rede de saneamento e auga do rural, por iso o calendario contempla 29 actuacións nos 6 primeiros meses de 2023 e os 30 tramos restantes da primeira fase no segundo semestre do ano. As obras que se executarán neste primeiro semestre serán prioritarias nas vivendas da zona e as principais antes que as segundas residencias.
Os lugares nos que actuarán no primeiros seis meses será en Noalla (Tombelo, Pontes, Quintáns, Aios costeira), Vilalonga (Iglesario, Altamira e Iglesario Lomba), Adina (Poleiros, Rial e Punta Montalvo), Dorrón (Barreiro, Rexenxo e praia de Agra), Nantes (Cancela Pedroño, Pazos e Casal), Bordóns (Chandevila e Sear) e Padriñán (Palacios e Laxe).
Relacionadas:
-
A renovación do servizo de subministración e abastecemento de auga en Sanxenxo supera o último trámite
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo levará a pleno a adxudicación definitiva do servizo de auga a Espina e Delfín
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de Sanxenxo dá luz verde á proposta para adxudicar o servizo da auga a Espina e Delfín
Por Redacción |
-
A empresa Espina y Delfín logra a maior puntuación no informe técnico do contrato da auga de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Avaría na rede xeral de abastecemento de auga de Portonovo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un total de 21 empresas visitan as instalacións municipais con motivo da licitación do novo contrato da auga
Por Redacción |