A devastación que deixa ao seu paso o incendio no monte da Fracha
Por Natalia Puga & Cristina Saiz & Almu Dapena
A imaxe é desoladora. Mentres os efectivos de extinción continúan a intentar controlar o lume que se declarou na tarde do venres no monte da Fracha, aqueles lugares polos que xa pasou e nos que logrou extinguir mudaron por completo a antiga imaxe desta serra dos municipios de Pontevedra e Ponte Caldelas e son agora un baldío no que o verde deu paso ás cinzas e das árbores xa só quedan o esqueleto.
Son 350 as hectáreas afectadas segundo a última actualización realizada pola Consellería de Medio Rural, con datos das 19.30 horas, e aquelas nas que as lapas xa non arden amosan todas a mesma imaxe.
Mentres, hai zonas nas que o lume aínda se mantén sen control e aí están centrados os medios de extinción e os veciños prepáranse para unha segunda noite sen durmir. A priori, o lume non ameaza de xeito directo ningún núcleo de poboación, pero a Xunta de Galicia mantén activo o nivel de emerxencia dous por proximidade a vivendas, en concreto, ás da parroquia da Canicouva, en Pontevedra.
Ás 22.30 horas deste sábado, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Diaz, aseguraba que "os veciños poden durmir tranquilos" e que habería "vixilancia nocturna da Xunta e dos operarios municipais". Media hora antes xa anunciaba que o incendio estaba "perimetrado e controlado", pero que dous reténs quedarían durante a noite "controlando os puntos quentes". A Xunta manteno en situación activa e sen control.
A última hora deste sábado, a concelleira de Seguridade Cidadá de Pontevedra, Eva Vilaverde, sinalou que na parte de Pontevedra o incendio aínda non estaba controlado, "polo que vemos in situ", pero confiaba en que a do sábado para o domingo sería "unha noite máis tranquila que a anterior", pois os veciños permaneceron sen durmir e con temor real de que o lume chegar ás súas propiedades.
Desde o Concello de Pontevedra quixeron enviar a súa "solidariedade a veciños e veciñas afectadas", que ademáis de pasar unha noite "horrible", tiveron "un día tamén horrible" no que sufriron constantes cortes de luz "toda a noite case todo o día", a maioría "sen explicacións" e algunha xente con persoas enfermas e "e pendentes de que o lume non cambiase de dirección ou viñese para as casas".
Fontes veciñais explicaron a PontevedraViva que na zona do Vilar, Acevedo e O Rañadoiro (Ponte Samapaio) e na Canicouva non tiveron luz ata última hora da tarde. En algunha zona como O Vilar colocaron un transformador para darlles subministración porque os medios de extinción non recomendan ter as liñas de alta tensión con subministración mentres se sufoca o lume.
Relacionadas:
-
Castiñeiros, carballos e piñeiros para rexenerar A Fracha tras o incendio da Canicouva
Por Alejandro Espiño |
-
Escolares de Ponte Caldelas crean un bosque de frondosas no antigo eucaliptal do Barazal
Por Redacción |
-
Técnicos municipais avaliarán esta semana os danos que o incendio causou no Parque forestal da Fracha
Por Redacción |
-
Medio Rural dá por controlado o incendio da Fracha dous días e medio despois de empezar a arder
Por Natalia Puga |
-
Estabilizado o incendio no monte da Fracha: agora toca avaliar danos
Por Natalia Puga |
-
"Evoluciona favorablemente" o lume que xa arrasou 380 hectáreas de Pontevedra e Ponte Caldelas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O incendio do monte da Fracha, sen control, arrasa xa 350 hectáreas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
"Profundamente preocupados" en Pontevedra pola evolución do incendio da Fracha, que ataca o parque forestal
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Noite en alerta na Canicouva, Ponte Sampaio e Ponte Caldelas polo incendio da Fracha, que arrasa 150 hectáreas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Decretan a situación de alerta 2 no incendio da Fracha pola proximidade ás casas da Canicouva
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada