A secretaria xeral de Urbanismo declara durante tres horas ante o xuíz sobre a suposta corrupción de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Este xoves pasaron a disposición xudicial dúas persoas no marco das dilixencias abertas no Xulgado de Primera Instancia a Instrución nº2 de Cambados sobre temas urbanísticos no concello de Sanxenxo. Unha delas foi, María Encarnación Rivas, ex xerente de urbanismo. Impútaselle inicialmente un delito de prevaricación urbanística, que podería dar lugar a un delito de suborno.
Durante máis de tres horas respondeu ante o xuíz, Juan Manuel Hermo, pola súa xestión na dirección da Xerencia de Urbansimo de Sanxenxo entre os anos 2004 e 2006 sendo alcalde Telmo Martín, actualmente diputado popular no Congreso.
Á saída do xulgado a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo trasladou aos xornalistas alí concentrados o seu desexo de que "la situación se aclare lo antes posible" e ofreceu "la máxima colaboración al juez".
Preguntado ao respecto na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, suliñou que estará "atento" ás conclusións desta comparecencia, ainda que asegura que el e os seus teñen "o mellor concepto" do labor desenvolvido por Rivas tanto no seu posto anterior coma na Administración autonómica.
Tamén compareceu ante o xuíz a ex asesora xurídica da xerencia de urbanismo. Impútanselle inicialmente os delitos de prevaricación urbanística, suborno e tráfico de influencias. Acolleuse ao seu dereito a non declarar.
Este venres será a quenda da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.