Gómez Arias aposta por dar "un giro a la izquierda" cun PSdeG-PSOE renovado e municipalista
Por Alejandro Espiño
"Es el momento ideal para cambiar el partido". Así resume Jesús Gómez Arias o espírito co que se presenta á secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra. Faino convencido de que as circunstancias "son muy beneficiosas" para que os socialistas poidan iniciar un profundo proceso de renovación, apostando por un "relevo generacional" e impulsar un cambio "en las formas de actuar y en las formas de hacer política".
A súa candidatura compóñena 25 persoas, das cales "más de la mitad" teñen entre 30 e 45 anos, o que demostra claramente di, "nuestra apuesta por la renovación". Trátase dun proxecto "rupturista" coa liña actual do partido en Pontevedra "que esperemos sea avalado por la mayoría de los militantes". E é que malia os recentes contactos, non haberá candidatura de consenso. "Non é posible", sinalou Jesús Gómez Arias.
Gómez Arias, ata agora secretario de organización dos socialistas pontevedreses e afín á liña oficial do partido, afirmou que "nunca tuve un preacuerdo" co outro candidato, Agustín Fernández. Explicou que o seu desencontro cos seus compañeiros de executiva produciuse trala renuncia de Guillermo Meijón, cando "de una forma un poco extraña gente que lleva demasiados años en el partido" nomearon ao seu substituto provisional.
Neste sentido, o candidato á secretaría xeral do partido afirmou que el aposta por dedicarse plenamente ao traballo interno e organizativo do PSdeG-PSOE local, polo que non só se descartou para ocupar "cualquier cargo remunerado" como concelleiro ou deputado, senón que tamén avanzou que non se presentará como candidato á alcaldía de Pontevedra nas eleccións de 2015. "Estoy aquí por el partido", dixo.
VALCARCEL E AS SUAS ASPIRACIÿNS
Foi entón cando todas as miradas dirixíronse ao seu compañeiro de candidatura, José Manuel Valcárcel, que ocuparía o cargo de vicesecretario de política municipal nesta nova executiva local. "Cada cousa ten os seus tempos", afirmou o ex concelleiro pontevedrés, "e iso terano que decidir os compañeiros nunhas primarias". En todo caso aclarou que esta candidatura "non vai contra ninguén", pero que o partido necesita un "liderazgo diferente".
O que si deixou claro é que el aposta por un proxecto "pura e marcadamente" municipalista para o PSdeG-PSOE. Insistiu en que ten "dispoñibilidade absoluta" para traballar para os veciños de Pontevedra e que renuncia a metas maiores. "Non teño aspiracións de entrar a traballar no ámbito autonómico ou parlamentario", explicou. El sería o responsable de coordinar o traballo do partido e do actual grupo municipal no Concello de Pontevedra.
Xunto a eles, Juan José Raposo ocuparía o posto de secretario de Organización, María Teresa González sería a vicesecretaria de Igualdade ou María José Fariña ostentaría a responsabilidade de vicesecretaria de Ideas e Programas. Son os principais nomes dunha candidatura que se coñecerá ao completo na asemblea local que se celebrará este sábado 30 de novembro na sede local do PSdeG-PSOE en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Agustín Fernández, elixido novo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Valcárcel alíase con Jesús Gómez para pugnar con Agustín Fernández polo control do PSdeG-PSOE
Por Alejandro Espiño |
-
Agustín Fernández presenta a súa candidatura para substituír a Meijón á fronte do PSOE local
Por Natalia Puga |