A Alameda de Ponte Caldelas recibiu setenta Seat 600
Por Redacción
Un total de 70 vehículos déronse cita este domingo na Alameda de Ponte Caldelas nunha concentración de Seat 600 que atraeu a multitude de curiosos.
Os participantes chegaron de diferentes localidades de toda España a esta cita organizada polo Club 600 Arcade e que contou con quince clubs especializados neste histórico vehículo.
A cita contou co apoio dos Concellos de Ponte Caldelas e de Soutomaior, localidade esta última onde estiveron os coches aparcados no Peirao de Arcade. Desde alí, saíron cara a Ponte Caldelas ás 11.30 horas nun roteiro pola zona para compartir unha comida no Viso e regresar pola tarde a Arcade.