A manifestación antitaurina regresa este sábado co foco posto nos carteis promocionais que hai na rúa
Por Manu Otero
O colectivo Touradas Fóra de Pontevedra convoca para este sábado, a partir das 20 horas, unha manifestación para protestar contra a celebración de corridas de touros na praza de San Roque.
"Queremos que toda a cidadanía antitaurina de Pontevedra veña con nós á manifestación", declarou a portavoz da asociación, Vicky Estévez. Remarcan desde o colectivo que "nestes dous anos de pandemia a cidadanía botaba de menos os concertos, os festivais e as festas, pero ninguén botou de menos as touradas. A cidadanía pontevedresa é claramente antitaurina".
Por iso, desde a asociación reclaman un maior apoio do goberno local. "Gustarianos máis apoio dun Concello antotaurino como é o noso", reclaman.
Este ano, ademais de posicionarse en contra deste espectáculo, os antitaurinos mostran tamén o seu rexeitamento á presenza de carteis promocionais das corridas na vía pública. "Toda a cidade está chea de paneis metálicos atados ás farois. Vai en contra da normativa municipal, estamos barallando a posibilidade de denunciar este feito", declarou Estévez.
Aínda que se seguen celebrando corridas na Boa Vila, desde o colectivo antitaurino festexan que ano tras ano o seguimento e apoio público a estes espectáculos decrece. "A maior parte da cidadanía se amosa contraria as touradas, a Deputación cortou coas axudas directas e indirectas e tamén o convenio asinado polo Concello coa praza de touros foise reducindo en cuestión de cartos co paso dos anos", valoran, ao mesmo tempo que arremeten contra a lei de Benestar Animal da Xunta. "Se hai touros en Pontevedra é porque a Xunta saca as touradas da lei de Benestar Animal. Se non se cambia esa lei non podemos dicir adeus as touradas e dedicar o coso de San Roque a outros fins culturais para toda a cidadanía", conclúen.
Relacionadas:
-
Touradas fóra de Pontevedra volve saír á rúa: "este ano vanse asasinar na praza 12 touros"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Touradas Fóra de Pontevedra reivindica nas rúas que a maioría da poboación é antitaurina
Por Almu Dapena & Redacción |
-
Piden a Rafa Domínguez que impulse unha iniciativa para impedir o acceso de menores ás prazas de touros
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez: "fun unha vez aos touros con 15 anos e xurei que non volvería máis"
Por Anxo Lourido |
-
Tomás Rufo manterá un encontro coa afección taurina de Pontevedra
Por Redacción |
-
Regresa a feira taurina a Pontevedra cunha das revelacións da tempada, Tomás Rufo
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |