O alcalde de Moraña aborda co xerente a situación sanitaria da localidade
Por Redacción
O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, mantivo este mércores no hospital Montecelo unha xuntanza co alcalde de Moraña, José Cela, na que se analizou a situación sanitaria desta localidade.
Flores reiterou que "están a facerse esforzos para acadar a cobertura da vacante médica neste centro de saúde", ademáis de mellorar a súa comunicación e accesibilidade poboacional.
Así mesmo, o xerente lembrou a José Cela o condicionante actual do "paro cero" na especialidade de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitaria, de tal xeito que "a ausencia destes profesionais para contratar supón unha importante dificultade de cobertura con continuidade nesta localidade".
Finalmente, Flores Arias reiterou o compromiso do Servizo Galego de Saúde e a Xunta de Galicia de ampliar a superficie do centro de saúde, que pasará dos preto de 400 metros cadrados que conta na actualidade, ao redor de 1.000 metros cadrados cunha nova consulta de medicina xeral, unha nova consulta de docencia para os residentes, unha sala polivalente e outra de técnicas no andar principal.
A Administración Sanitaria Pública galega ten 220.000 euros xa consignados nos orzamentos deste ano para iniciar dita obra.
Relacionadas:
-
Comeza este venres unha obra que "revitalizará" o centro de Moraña
Por Redacción |
-
Malestar en Moraña ante a "reiterada" falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
A veciñanza de Moraña mobilízase contra a falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
O centro de saúde de Moraña duplicará a superficie cando o Concello modifique o plan urbanístico
Por Redacción | Creada e actualizada