Barro recupera os "Xoves ao clareo" con actividades para a mocidade
Por Redacción
Tras o éxito da pasada edición, o Concello de Barro recupera os 'Xoves ao clareo', proposta que pretende ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade do municipio.
En concreto nesta ocasión van organizar tres actividades a partir do xoves 18 de agosto na contorna de San Antoniño.
As propostas desta edición son un mural de grafiti; un 'scape room' no Pazo da Crega no que haberá que superar distintas probas para conseguir escapar do recinto; e unha Festa Holi que contará cun DJ.
Todas as actividades están orientadas a mozos de máis de 10 anos de idade sendo necesario para participar formalizar unha inscrición previa.
Os 'Xoves ao clareo' están incluídos dentro da programación de verán do Concello englobada baixo a denominación #ConBdeBarro.