O mantemento e mellora dos parques infantís de Sanxenxo sae a concurso por 119.122 euros
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo sacará a concurso nos próximos días o mantemento e melloras dos 25 parques infantís do municipio por 119.122 euros. O desgaste provocado polo paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado destes espazos provocou que non se atopen nun estado óptimo para o seu goce.
A empresa adxudicataria deberá realizar os seguintes traballos nun prazo máximo de 3 meses: En Dorrón actuarase no parque infantil e zona biosaudable de Areas; en Bordóns se mejorá o parque infantil de Outeiro e parque biosaudable do Sear; en Padriñán melloraranse os parques de Miraflores, Panadeira e Punta Vicaño; en Adina actuarase nos parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra; en Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta; en Vilalonga, os parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira, Praza Pública e capela de Gondar; en Nantes mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.
Substitución de pezas de xogos, reparacións de elementos, eliminación de óxido ou renovación de valados e superficies son as necesidades máis recorrentes que presentan os parques do municipio. Unha posta a punto que deberá incluír tamén tarefas de mantemento por parte da empresa que execute os traballos durante polo menos un ano.
No apartado de melloras, valoradas en 7.941 euros, inclúese a limpeza inicial dos parques infantís e áreas biosaudables, a substitución do bordo de madeira por un de granito dos campos de chave e petanca no Espiñeiro-Campos e o cambio de parafusería e reforzo dos bancos por uns de aceiro inoxidable.
Relacionadas:
-
Bordóns, punto de partida para a posta a punto dos parques de Sanxenxo
Por Redacción |
-
As dúas futuras pistas de petanca de Nantes, en obras
Por Redacción |
-
A campaña de reparación de parques infantís e biosaudables de Sanxenxo comeza por Bordóns
Por Redacción |
-
Canelas estrea a súa área biosaudable con espazo para a práctica de calistenia
Por Redacción |
-
Arranxan os 25 parques infantís municipais de Sanxenxo
Por Redacción |