O PP esixe mantemento do polígono do Pousadoiro para reducir riscos de incendios
Por Redacción
O Partido Popular de Vilagarcía presentará no próximo pleno municipal unha moción coa intención de que o goberno local que lidera Alberto Varela mellore as actuacións en materia de mantemento e conservación das zonas comúns do polígono do Pousadoiro.
Para os populares, este espazo salvouse "de milagre" do recente incendio en Xiabre. Sinalan que a zona conta con gran cantidade de maleza nas beirarrúas do recinto e rodeando ás naves. Lembran que son naves industriais onde se almacenan produtos químicos, madeiras e outros materiais sensibles ao lume.
Alertan da falta de coidado dos viais e das beirarrúas que percorren o polígono e pola "incontrolada" vexetación que crece na contorna. Acusal ao goberno local de inacción e temen que "a zona sexa susceptible de converterse nunha polvoreira #ante un incendio".
Piden a Varela que asuma as súas responsabilidades e limpe a zona para minimizar posibles riscos. Ademais, os populares aseguran que hai queixas veciñais sobre falta de limpeza noutros puntos do municipio como Cea, Bamio ou na zona de Pablo Picasso ata a contorna do Parque da Coca