Alfombra de flores na Praza dos Barcos adicada ao "Camiño roteiro do pai Sarmiento"
Por Redacción
A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionou este sábado na Praza dos Barcos unha alfombra de flores dedicada ao “Camiño Roteiro do Padre Sarmiento” con motivo da promoción do Xacobeo 21-22.
Esta alfombra enmárcase dentro do programa "O teu Xacobeo", destinado á dinamización sociocultural do Camiño Santiago e a promoción do Xacobeo 202-22, promovido pola Xunta de Galicia.
A alfombra englóbase no proxecto denominado "Alfombras para o Camiño", co que poñer de relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través dunha tradición como son as alfombras de flores que cada ano realízanse en centenares de vilas e pobos de Galicia e España, con motivo das festas do Corpus Christi.
En 1745, Frei Martín Sarmiento, un monxe dominico de orixe galega, regresou desde Madrid á súa terra natal para realizar unha peregrinación ata Santiago de Compostela, percorrendo a liña costeira entre Pontevedra e Padrón e que deixou documentada na súa obra “Viaxe a Galicia”. Ao longo dela, respírase non só o aire mariño senón tamén toda a historia e tradicións da rexión, reflectida na súa arquitectura civil e relixiosa, pazos como os de Cambados, Rubianes, Ulloa, Torrado e Vista Real, xacementos arqueolóxicos ou pintorescas vilas mariñeiras e praias para todos os gustos.
O roteiro discorre polos municipios de Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Ao comezo do percorrido polo Roteiro do Padre Sarmiento, camiñando ou pedaleando pola comarca do Salnés, unha das primeiras paradas é Sanxenxo. De aí, que a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas realizase esta mostra en Sanxenxo.