Aprazada a suba do canon de Sogama ata xullo de 2014
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron aprazar a entrada en vigor do incremento do canon de tratamento de residuos que aplica a Sogama ata o 1 de xullo de 2014.
Deste modo os concellos non terán que asumir a suba da taxa, fixada nun 33,5%, durante os primeiros seis meses do ano.
O titular de Medio Ambiente acudiu este venres a Pontevedra para participar nunha firma dun convenio na Deputación e nunha reunión da Executiva provincial do Partido Popular. En ambos os dous encontros saíu o aprazamento da suba do canon foi obxecto de comentarios por parte dos asistentes que coincidiron en sinalar que a decisión permite ás arcas dos concellos graduar o incremento da taxa sen repercutila na súa totalidade ou en parte nos recibos que cobran ás familias, xa que o seu impacto real sobre as contas municipais ao longo do 2014 se reducirá á metade do inicialmente previsto. Aínda que nada evita que en xullo de 2015 se teña que revisar de novo o canon.
Relacionadas:
-
Louro esixe a Lores que se una á fronte de alcaldes contra o 'taxazo' de Sogama
Por Redacción |
-
Vilagarcía asumirá a subida do canon de Sogama para "aliviar a carga fiscal" dos cidadáns
Por Redacción |
-
Un foro de Adega expón alternativas na xestión de residuos porque "desengancharse de Sogama é posible"
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra estuda sumarse á fronte de concellos que se uniron contra o 'tasazo' de Sogama
Por Alejandro Espiño |