O Sergas destaca a calidade asistencial no centro de saúde de Baltar e a oposición asegura que "está peor que nunca"
Por Redacción
A falta de médicos obrigou ao Area Sanitaria de Pontevedra e O Salnés a pechar as axendas dos médicos de familia durante o que queda de mes de agosto para reorganizar as quendas e garantir a asistencia sanitaria a toda a poboación sanxenxina nos próximos días.
Alegan desde o Sergas que "diante da ausencia de profesionais nas listas de contratación, os médicos deste centro de saúde planificaron, xunto co equipo directivo, unha asistencia non programada para todos os pacientes que o requiran". Desta forma, puntualizan, estarán despregados este mércores no centro de saúde de Baltar tres médicos e un pediatra. Mentres que da renovación de receitas encargarase o departamento de Farmacia.
É por esta reestruturación, pola que desde a área sanitaria quere "resaltar a encomiable implicación dos profesionais sanitarios e non sanitarios do centro de saúde de Baltar" e agradecen o seu esforzo á hora de realizar substitucións e prolongacións de xornada sen descoidar as súas gardas no Punto de Atención Continuada.
Un discurso, o do Sergas, que choca frontalmente co principal partido da oposición no Concello de Sanxenxo. "A recente decisión de eliminar as consultas do Centro de Saúde de Baltar e limitar a súa actividade á atención das urxencias é un feito dunha gravidade extraordinaria", lamentan centrando as críticas no discurso do novo xerente cargado de "eufemismos".
Lembra a portavoz socialista, Ainhoa Fervenza, que a principios de verán Sanxenxo acaparou titulares pola "cortina de fume" de ofrecer aloxamento gratuíto para atraer médicos."O resultado de tanta propaganda foi que só chegaron dous profesionais e que ningún deles quedará", sostén.
Relacionadas:
-
Sábado 27, protesta ante a precarización de servizos sanitarios no Centro de Saúde de Baltar
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PSOE de Sanxenxo denuncia ante a Fiscalía a situación "deleznable" do PAC de Baltar
Por Oskar Viéitez |
-
González Formoso sobre a morte no PAC de Baltar: "non pode ser que unha persoa faleza por falta de recursos na sanidade"
Por Natalia Puga |
-
Sanidade sinala que non detectaron "criterios de gravidade" na muller que morreu en Baltar tras negarlle unha ambulancia
Por Natalia Puga |
-
Denuncian a morte dunha muller no centro de saúde de Baltar despois de negarlle unha ambulancia
Por Natalia Puga |
-
O Sergas reorganiza o servizo de atención sanitaria en Baltar pola falta de profesionais
Por Redacción |
-
Imposible conseguir cita médica no centro de saúde de Baltar
Por Redacción |