A Deputación adxudica as obras de mellora da EP-0407 en Ponte Caldelas
Por Redacción
Adxudicadas as obras de mellora de mellora da mobilidade peonil na EP-0407, en Ponte Caldelas, por 233.538 euros.
O proxecto está financiado ao 100% pola Deputación xa que o 30% de aportación municipal previsto no convenio entre ambas administracións asumirase cunha achega do Plan Concellos.
A actuación está enmarcada no modelo de mobilidade segura e sostible que promove a institución provincial e desenvolverase nun tramo de 225 metros desta estrada do casco urbano (rúa Lepanto e a contorna do Centro de Saúde).
O obxetivo, segundo explicou a Deputación, é converter a zona nun espazo público de calidade, garantindo a mobilidade peonil e a accesibilidade universal.
Deste xeito, as obras prevén a execución dunha zona de convivencia con prioridade peonil, que terá limitación de velocidade de 20 km/h, mentres que no resto do tramo manterase velocidade máxima de 30 km/h.
Os traballos os completarán con actuacións de xardinería, co soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións agora en aéreo, así como a execución dunha nova rede de alumeado con luminarias LED de alto rendemento.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de mellora da mobilidade na Rúa Lepanto de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Deputación aproba novos investimentos nos concellos con fondos propios e dos Next Generation
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados, Vilaboa e Ponte Caldelas recibirán novos investimentos da Deputación
Por Redacción |