Acto emotivo de homenaxe aos novos socios de honra do Liceo Casino
Por Cristina Saiz & Redacción
O Parque de Verán da Caeira acolleu o acto de homenaxe aos novos socios de honra do Liceo Casino, persoas que levan máis de 50 anos ininterrompidos formando parte da entidade pontevedresa como socios de número.
Con este acto retomábase unha tradición que se suspendeu con motivo da pandemia.
Nesta ocasión, un total de 33 persoas recibían o diploma acreditativo e a Insignia de Ouro da sociedade. Neste caso entregábase a aquelas persoas que cumpriron máis de medio século desde o ano 2019 formando parte do Liceo Casino.
Por primeira vez na historia entre estas persoas homenaxeadas atopábase unha muller, Isabel Franco Rodríguez, xa que nos primeiros anos da sociedade eran os homes quen se facía socios en representación da familia.
Ademais de Isabel Franco, outros sete socios recibían o distintivo dentro da promoción que cumpría os 50 anos no 2019-20: Juan Carlos Aguilar, José Luís Martínez, Cesáreo Novoa, José Mª Antonio Pazos, José Manuel Pidre, Juan Javier Puig e Franciso José Rojo.
16 socios correspondíanse cos que celebraron ese aniversario no período entre 2020-21: Luís Casas, Ángel Cid, Carlos Félix Costa, Enrique Dios, Víctor Manuel García, Miguel García Limeses, Francisco Javier Landín, Rafael Lorente, Francisco Lusquiños, Javier Mareque, Alfredo Montero; Miguel Piñón, Francisco José Raposo, José Mª Rocafort, Laureano Simón e Javier Vilas.
Por último, a insignia era entregada a 9 socios que nestes dous últimos anos conmemoraban esta data de entrada na sociedade: Javier Azuara, Manuel Barros, Antonio Espinosa, Carlos Fernández, José Manuel Lafuente, José Carlos Mouriño, José Luis Olmedo, Enrique Alonso Orza e Rafael Prieto.
Ao acto asistían 150 persoas coa presenza do presidente da entidade, Jaime Olmedo, que dedicou unhas palabras aos homenaxeados pola fidelidade demostrada durante estas cinco décadas.
Durante a súa intervención destacou a celebración do Baile de Gala da Peregrina deste ano e lembrou aos dous ex presidentes falecidos nestes últimos anos, José Ángel Fernández Arruty e Ernesto Baltar Feijoo. Tamén tivo palabras de agarimo para Ángel Caruncho, ex contador da sociedade, que tamén falecía en marzo deste ano. Por parte dos homenaxeados tomou a palabra Cesáreo Novoa, que agradeceu o trato recibido pola directiva actual.
Relacionadas:
-
O Liceo Casino revalida éxito no seu Baile de Gala, ao que non falta Rajoy
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño |
-
O Liceo Casino celebra o Baile da Peregrina coa asistencia do presidente da Xunta
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Liceo Casino 'presenta en sociedade' a 22 mozas no recuperado Baile da Peregrina
Por Oskar Viéitez |