Continúa a campaña de recollida de sinaturas para reclamar melloras na Atención Primaria de Marín
Por Redacción
Satisfacción entre os representantes da Plataforma en defensa do Centro de Saúde de Seixo despois do numeroso apoio recibido na xornada deste xoves cando levaron ás rúas do centro de Marín a súa campaña de recollida de sinaturas para demandar máis investimentos na Atención Primaria.
O colectivo que lidera Iria Aboi considera "impresionante" as mostras de solidariedade por parte de diferentes colectivos como persoal sanitario, taxistas ou residentes da contorna do Mercado de Abastos e do Centro de Saúde de Marín, lugares onde solicitaron rúbricas para presentar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia co obxectivo de fortalecer con máis persoal e medios os centros de Atención Primaria da vila. Incluso os turistas achegábanse para solicitar información e apoiar a iniciativa, segundo comentan desde este movemento reivindicativo.
Segundo indican desde a plataforma, a campaña continuará en próximos días con novos lugares para recoller máis apoios e con establecimiendos onde se poida asinar o manifesto para loitar por unha atención sanitaria pública e de calidade. Piden a aquelas persoas que queiran sumarse a esta iniciativa que contacten a través das redes sociais da Plataforma ou no teléfono 699.484.676.
Relacionadas:
-
Entrega de carbón da Plataforma de Seixo á xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
Denuncian o ataque de ansiedade sufrido por unha enfermeira tras quedar soa na atención do PAC de Marín
Por Diego Espiño |
-
Protestas en Marín e O Grove ante a escaseza de médicos nos centros de saúde
Por Redacción |
-
A ILP de SOS Sanidade Pública para salvar a atención primaria, "disparada" en zonas como O Salnés e O Morrazo
Por Redacción |
-
Arranca en Seixo a recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular pola defensa da atención primaria
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo celebra un ano de loita veciñal
Por Redacción |