Isabel Díaz Ayuso, a 'máis buscada' na carballeira de San Xusto
Por Redacción
Que Isabel Díaz Ayuso é un dos grandes referentes do actual Partido Popular está fóra de toda dúbida. Así se demostrou este sábado na carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, onde o PP celebrou o seu acto de inicio de curso político.
Nin Núñez Feijóo, nin Alfonso Rueda e, desde logo, tampouco os presidentes de Castela e León e Murcia Alfonso Fernández Mañueco e Fernando López Miras.
Tan só Juanma Moreno, o seu homólogo en Andalucía, puido rivalizar con ela -aínda que a distancia- en termos de popularidade entre o máis de milleiro de asistentes a este conclave.
Todos querían saudar a Díaz Ayuso á que, ao remate do acto, agardáballe unha longa cola de simpatizantes desexosos de inmortalizar o encontro cunha fotografía ou un 'selfie'.
A presidenta de Madrid, que se mostrou moi atenta con todos eles, si esquivou á decena de medios nacionais que a esperaban para que valorase a súa presenza en Galicia. Os seus acompañantes advertiron que hoxe non faría ningún tipo de declaración pública.
A súa estancia en Cerdedo-Cotobade non foi a única parada que fixo a dirixente madrileña durante a súa visita a Galicia.
Onte á noite ceou en Vigo coa candidata do PP á Alcaldía, Marta Fernández Tapias, coa que compartiu unha tarde de 'cañas' pola zona Canido.
Relacionadas:
-
Que Núñez Feijóo goberne "canto antes" en España, o 'conxuro' do PP na carballeira de San Xusto
Por Alejandro Espiño |
-
Máis dun milleiro de persoas arrouparán a Rueda e Feijóo no inicio do curso político do PP
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, dous 'peregrinos sorpresa' no Camiño Portugués
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |