Piden prisión permanente revisable para o autor confeso do triplo crime de Valga
Por Redacción
A Fiscalía solicitará a prisión permanente revisable para o autor confeso do triplo crime de Valga, José Luis Abet, que en setembro de 2019 matou a tiros á súa ex parella, Sandra B.J., de 39 anos.
Antes de abandonar o lugar disparou tamén contra a súa ex sogra, María Elena J.F. e contra a súa ex cuñada, Alba B.J., de 57 e 27 anos de idade respectivamente, matándoas no acto.
Os disparos producíronse en presenza dos dous fillos que a parella tiña en común, de 7 e 4 anos de idade, aos que a súa nai ía levar ao colexio no momento do crime.
Á petición de prisión permanente revisable sumáronse as acusacións particulares, exercidas pola familia das vítimas e pola fundación Amigos de Galicia.
Así o ratificaron estas tres partes na vista preliminar que, por este triplo crime, celebrouse este martes no xulgado de instrución número 1 de Caldas de Reis.
Tratábase dun trámite previo á apertura do xuízo oral, que a titular do xulgado de primeira instancia deberá aprobar agora no prazo de tres días e que se celebrará con xurado popular, aínda sen data fixada, na Audiencia de Pontevedra.
Abet, que se atopa cumprindo prisión provisional no centro penal de Mansilla de las Mulas (León), compareceu na vista de maneira telemática pero optou por non declarar, segundo confirmaron os letrados da acusación particular.
A defensa do autor confeso do crime, pola súa banda, solicitou que na cualificación dos feitos se teña en conta que o seu cliente tiña diminuída a súa capacidade no momento dos asasinatos, debido a unha enfermidade psíquica.
Relacionadas:
-
Evitar un maior sufrimento aos orfos, principal motivo para non dar publicidade ao xuízo polo crime de Valga
Por Natalia Puga |
-
José Luis Abet, xulgado a porta pechada polo triplo crime machista de Valga
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O triplo crime que puxo a Valga na crónica negra do machismo chega a xuízo o 6 de marzo
Por Natalia Puga |
-
O autor confeso do crime de Valga será xulgado por tres delitos de asasinato
Por Redacción |
-
O autor confeso do triplo asasinato de Valga perde a patria potestade dos dous fillos que presenciaron o crime
Por Natalia Puga |
-
Concentración feminista ás oito ante a Audiencia Provincial: "Por Alba, por María Elena e por Sandra"
Por Natalia Puga |
-
Un revólver de calibre 32 novo cuxa orixe está por determinar, eixo da investigación do triplo crime
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Unión política en repulsa polo triplo crime de Valga: "hai que fulminar a violencia machista da sociedade"
Por Natalia Puga |