Baile ata o amencer en Ponte Caldelas para despedir as Festas das Dores
Por Redacción
As Festas das Dores despedíronse ata o ano que vén. Non sen antes celebrar un dos eventos máis esperados, a verbena nocturna na que os veciños de Ponte Caldelas e os visitantes máis animados puideron bailar ata o amencer.
Foi na Alameda do municipio, onde ata tres orquestras alternáronse sobre o escenario para amenizar a velada. Alí, actuaron Miramar, Magos e América de Vigo.
Nesta última xornada festiva, Ponte Caldelas celebrou tamén unha multitudinaria procesión de San Roque, na que os fieis acompañaron á Virxe das Dores, a San Roque e ao Sagrado Corazón polas principais rúas da vila.
A procesión contou coa participación da banda de gaitas dos Coribantes, a Banda de Guerra da Brilat e, por primeira vez, coa Escuadra de Gastadores da Brilat.
Este mércores, festivo local no municipio, celebrarase o Día do Neno e todas as atraccións instaladas polas Festas das Dores terán descontos especiais desde as cinco da tarde.