Convocan unha 'Marea branca' en Pontevedra en defensa da Sanidade Pública
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos CIG, Comisións Obreiras, O'Mega e CESM convocaron toda a cidadanía en xeral a participar na manifestación en defensa da sanidade pública para o próximo 10 de decembro, coincidindo coa segunda xornada de folga na sanidade.
A manifestación terá saída ás 20.00 horas do martes, dende o Hospital Provincial e concluirá ante a sede da Subdelegación do Goberno.
"La huelga la haremos nosotros, el personal sanitario, los trabajadores de los hospitales y centros de salud, pero la manifestación es cosa de todos", deste modo animou a participar nesta convocatoria, Carmen Revenga, do sindicato O'Mega.
Nunha rolda de prensa celebrada este luns no Hospital Provincial os representantes dos sindicatos unidos nesta convocatoria de folga insistiron na súa intención de formar unha gran "marea branca" pola sanidade pública e en contra da "privatización".
Carmen Revenga advertiu que "día a día la Sanidad se está deteriorando", e citou como exemplos o "repago en los fármacos, prótesis, sillas de ruedas" ademais da posta en marcha das áreas de xestión "que únicamente responden a criterios económicos de ahorro".
Rafa Vázquez de Comisiones Obreras apuntou que a Administración intenta "converter a sanidade nun negocio para ás empresas amigas" polo que acusou de "banda de mafiosos, ao Goberno xunto ás empresas aseguradoras e construtoras, e os xestores da sanidade". "A sanidade non é un negocio, é un dereito fundamental", sentenciou.
Finalmente, Xermán Couto de CIG-Saúde, criticou cuestións como os recortes nos salarios e a baixa taxa de reposiciónde médicos xubilados. Segundo os datos ofrecidos na rolda de prensa entre 2011 e 2013 xubiláronse unhas 3.200 prazas na sanidade pública, das que se convocaron unicamente unhas 300.
Relacionadas:
-
Os sindicatos sitúan o seguimento da folga na sanidade pontevedresa nun 85%, o Sergas nun 25%
Por Anxo Lourido |
-
Arrancan dúas xornadas de folga na sanidade galega
Por Redacción |
-
Pontevedra-Salnés, á cabeza no desenvolvemento da Áreas de Xestión Clínica ás que se opón CIG-Saúde
Por Diego Espiño |
-
Os traballadores da área sanitaria de Pontevedra chamados á folga o 10 de decembro
Por Oskar Viéitez |