Xunta e Concello de Cerdedo-Cotobade avalían a humanización do núcleo dos Castros
Por Redacción
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, reunironse esta semana para avaliar o proxecto para humanizar o núcleo dos Castros, na parroquia de Quireza.
A actuación conta cun orzamento estimado de 250.000 euros e pretende a humanización e embelecemento do núcleo dos Castros, así como a mellora tanto da infraestrutura de abastecemento e saneamento de pluviais como da rede de iluminación e eficiencia enerxética.
Está enmarcado dentro do plan Hurbe, posto en marcha no ano 2010 polo Goberno galego co fin de promover o desenvolvemento das vilas e dos núcleos rurais con criterios de sustentabilidade económica, medioambiental e social; así como mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos co fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais galegos.
Durante a xuntanza tamén estudaron a posibilidade de continuar a mellorar a contorna da carballeira de San Xusto levando a cabo un proxecto de rehabilitación.
Relacionadas:
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade xa está preparado para o inicio das "obras históricas" de máis de 6 millóns de euros
Por Redacción |
-
Investirán 260.000 euros para humanizar o núcleo dos Castros
Por Redacción |
-
O Concello humanizará o lugar dos Castros, en Quireza, e a rehabilitación do lavadoiro da Botica
Por Redacción |