Atopan en Beluso o corpo do home desaparecido cando navegaba no seu bote en Aldán
Por Redacción
Ao redor das 09.30 horas deste sábado, un particular avistou o corpo dun home flotando na auga, na praia de Tulla, en Beluso.
A persoa avisou ao 112 Galicia para informar do achado. Os xestores do servizo de Emerxencias avisaba ao persoal de Salvamento Marítimo, que nas últimas horas mantiña activo un operativo para tentar localizar ao home, tras atoparse o seu bote envorcado con material de pesca na zona de Aldán e diferentes obxectos nas proximidades.
O falecido é un home de idade avanzada, veciño do municipio de Bueu. Na súa procura participaran integrantes do servizo de Gardacostas de Galicia; persoal sanitario; a Garda Civil; a Policía Local de Bueu e de Cangas; ademais de efectivos de Protección Civil dos dous municipios. Os traballos realizáronse por mar, terra e aire.
O 112 Galicia tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se a familia da vítima necesita da súa intervención.
Relacionadas:
-
Atopan un bote envorcado na entrada á ría de Pontevedra e buscan o seu tripulante
Por Redacción | Creada e actualizada