A Festa da Ameixa homenaxeará as mariscadoras xubiladas e recuperará a degustación gastronómica
Por Redacción
Entre o venres 16 e o domingo 18 de setembro, a Praza da Granxa será escenario da XXXII edición da Festa da Ameixa recuperando as súas actividades tradicionais, despois das limitacións que se estableceron en 2021 debido ás restricións impostas pola pandemia.
Nesta ocasión, o concelleiro de Festexos, Xosé Luís Martínez, indica que será unha cita especial coa recuperación do seu formato clásico. Desta forma, volverá a degustación gastronómica, a homenaxe ás mariscadoras xubiladas e manteranse actuacións musicais durante as xornadas festivas coas orquestras América de Vigo e de Prayers de Ferrol, durante o sábado e o domingo respectivamente.
Na xornada do sábado 17 tamén está previsto o Desembarco Pirata na praia de Campelo para o público infantil, coa realización de diferentes actividades para escolares.
Martínez Blanco indica que está aberto o prazo para participar no IV Concurso de Fotografía Festa da Ameixa. As persoas que reciban unha mellor puntuación do xurado levarán vales en material fotográfico ou similar de 300, 200 e 100 euros. O prazo para presentar as obras finaliza o venres 9 de setembro. A temática das fotos deberá centrarse na Festa dá Amexia. Ademais poderanse presentar fotos sobre labores tradicionais do mar e as súas xentes.
Os traballos deben presentarse na Casa do Concello, en horario entre 09.00 e 14.00 horas. As obras deberán ir acompañadas dun documento anexo, no que figurará o título de cada fotografía, ademais do nome e apelidos do a persoa autora e os datos de contacto e unha declaración xurada conforme reflicte a autoría das imaxes.
A programación completa da Festa da Ameixa será presentada en días previos ao comezo da cita culinaria.
Relacionadas:
-
Oda á 'Ameixa' en Campelo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A homenaxe á xente do mar, punto de partida da recuperada Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
Confirmado: haberá Festa da Ameixa de Campelo esta fin de semana
Por Redacción |
-
Os eventos de San Xoán aprazados polo mal tempo pasan ás Festas da Mercé
Por Oskar Viéitez |
-
As grandes orquestras amenizarán este verán as principais festas de Poio
Por Redacción |