O viveiro de empresas da Lama saca a concurso o alugueiro de tres naves
Por Redacción
As tres naves en alugueiro do Viveiro de Empresas do Polígono Industrial de Racelo están a exposición pública e o periodo de presentar solicitude e documentación remata este xoves 8 de setembro.
Estas naves saen a concurso na súa modalidade de alugueiro por un ano prorrogable a outro ano máis como máximo e está orientada a empresas e iniciativas empresariais de recente creación para axudar na súa implantación e desenvolvemento.
As empresas que resulten adxudicatarias das naves e espazos de traballo deberán abonar, en concepto de alugueiro mensual, no caso da Nave 1, de 144,40 metros cadrados, un total de 217 euros; para a Nave 2, de 71,61 metros cadrados, un total de 143 euros; para a Nave 3, de 71,55 metros cadrados, un montante de 143 euros. Finalmente, a Oficina 1, de 22,36 metros cadrados, terá que abonar 89 euros.
No caso de ter que utilizar os locais de uso común, como a Sala de Reunións e Aula de Formación a tarifa por persoa ou entidade é de 6 euros a hora.