Denuncian a "falta de compromiso" dos responsables sanitarios para mellorar a situación en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública "SOS Sanidade Sanxenxo" denuncian a "falta de compromiso" tanto do Servizo Galego de Saúde (Sergas) como da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra – O Salnés cara mellorar a situación neste concello.
A Plataforma anuncia que o vindeiro 14 de outubro participarán na manifestación comarcal convocada por "SOS Sanidade Salnés" que terá lugar en Vilagarcía.
Ademáis, esta colectivo continúa coa recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular na que se solicita que se garantan os recursos sanitarios necesarios cara atender adecuadamente á poboación según as súas necesidades.
Esta recollida de sinaturas estase a levar a cabo diante do Centro de Saúde de Baltar, en Portonovo os luns e xoves de mañá e os martes en Vilalonga. Ademáis de establecemntos colaboradores. Nos vindeiros sábados farán un percorrido de recollida nas parroquias. Así, este sábado, 10 de setembro, estarán na cafetería da Casa das Canteiras en Noalla de 17 a 19 horas.
Esta Plataforma denuncia que "en pleno mes de setembro seguimos cun só médico en cada Centro de Saúde" (Baltar e Vilalonga), sen que se cubran ausencias "e no caso do Centro de Saúde de Baltar, con tres enfermeiras menos".
Engaden que "a lista de espera para citas de consulta de atención primaria é de ata un mes e o grupo de enfermaría repártese o traballo das persoas ausentes entre as que quedan, tentando que os pacientes non queden sen atender pois son responsables do seguimento de moitas das patoloxías crónicas da poboación mediante probas como a medición de tensión, analíticas, electrocardiogramas, etc".
"Non é de recibo que tenten excusarse en que non hai profesionais dispoñibles, pois o certo é que na última convocatoria de emprego que se fixo, houbo máis de tres facultativos por praza ofertada que acudiron á mesma. O mesmo pasa co resto de persoal sanitario e non sanitario", afirman dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública "SOS Sanidade Sanxenxo".
Relacionadas:
-
Convocan unha concentración en Baltar pola falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración con bonecos ante o Centro de Saúde de Baltar para reclamar pediatras e matronas
Por Redacción |
-
Os centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporan 18 novos médicos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Seis ecógrafos novos para os hospitais Provincial e Montecelo
Por Redacción |
-
A ILP de SOS Sanidade Pública para salvar a atención primaria, "disparada" en zonas como O Salnés e O Morrazo
Por Redacción |
-
O PSOE reclámalle á Xunta os contratos dos médicos aos que lles puxeron piso en Sanxenxo este verán
Por Redacción |
-
Ana Pontón esixe a Rueda que "deixe de normalizar o desastre sanitario" e reforce a Atención Primaria
Por Alejandro Espiño |
-
SOS Sanidade Pública O Salnés convoca unha manifestación comarcal en outubro polas rúas de Vilagarcía
Por Redacción |