Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Ence é unha compañía referente no seu sector por decidida aposta pola I+D+i, tanto no relativo ao desenvolvemento de produtos sostibles como á mellora continua nos seus procesos. No seu Plan Director de Sustentabilidade, Ence avala con datos as accións que sitúan á empresa como a compañía líder no aproveitamento sostible dos recursos naturais. Sendo consciente do potencial que teñen os recursos derivados da madeira para a fabricación de materiais sostibles, Ence leva anos traballando en proxectos de investigación enfocados ao desenvolvemento de novas categorías de produto no marco da súa gama de produtos especiais, Ence Advanced.
Dentro desta liña de I+D+i, destacan os novos produtos con capacidade para substituír fibras longa e os que substitúen aos materiais plásticos en distintas aplicacións, ofrecendo alternativas sostibles a diversas industrias e a produtos de uso cotián.
A LIGNINA E OS SEUS DESENVOLVEMENTOS
Os proxectos de valorización de subproductos enfocados ao aproveitamento da lignina resultan especialmente relevantes, xa que contribúen a proporcionar opcións para diminuír a dependencia de materias primas fósiles non renovables, como son os derivados do petróleo.
A lignina, un dos compoñentes da madeira xunto coa celulosa, xoga un papel fundamental neste sentido, dada a súa abundancia e a súa versatilidade para ser procesada e empregada en diversas aplicacións e transformada en produtos de alto valor engadido.
Neste ámbito, Ence liderou proxectos para o desenvolvemento de biomateriais avanzados e para a obtención de produtos de alto valor engadido a partir de lignina, xuntos con empresas, pemes, centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación.
No marco destes proxectos desenvolveuse tecnoloxía de transformación da lignina para o seu uso en plastificantes para formigóns, precursores poliméricos, poliamidas e poliuretanos, recheos e compatibilizantes para tubaxes e aditivos téxtiles.
Os proxectos de I+D sobre a lignina buscan desenvolver materiais substitutivos do petróleo
Actualmente Ence tamén participa nun proxecto para a investigación industrial en obtención de composites a partir de fontes naturais, apoiado polo Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial CETIM. No marco este proxecto investígase e optimiza a obtención de materiais de recubrimento, adhesivos e materiais compostos. Entre outros biomateriais avanzados, Ence desenvolverá bio-poliuretanos libres de isocianatos e poliuretanos termoplásticos e nano fibras de celulosa.
Actualmente, os poliuretanos atópanse entre os materiais plásticos máis versátiles e son practicamente omnipresentes. Forman parte das escumas de colchóns e sofás, do illamento de edificios ou de revestimentos e pinturas, entre outros usos.
CELULOSA, Á VANGARDA DO I+D
Desde 2018 a compañía desenvolveu así mesmo a liña de investigación Novacel, un avanzado proxecto de I+D liderado por Ence na súa biofábrica de Pontevedra, e cuxo obxectivo é a fabricación de novas xeracións de micro e nanopartículas de celulosa para o seu uso en produtos industriais estratéxicos.
Liderado por Ence na súa biofábrica de Pontevedra, Novacel é un avanzado proxecto de I+D para a obtención de nanocelulosas
Novacel é un proxecto punteiro de tecnoloxía enmarcado no campo da bioeconomía para facer posible a obtención de nanocelulosas que poidan abrir o camiño á fabricación dun amplo abanico de innovadores produtos fabricados cunha materia prima renovable, como é o eucalipto, para substituír materiais derivados do petróleo e plásticos.
Co apoio tecnolóxico do CETIM, o fin do proxecto é a procura de materiais renovables e respectuosos co medio ambiente que poidan substituír a materiais plásticos a través da obtención de nano celosas para o seu uso en adhesivos de poliuretano, recubrimentos téxtiles e escumas de poliuretano, composites e tubaxes de alto valor engadido, papeis especiais, encapsulado para ingredientes activos en cosmética, packaging de alimentos e membranas para filtración en tratamento de augas.
Novos produtos de alto valor engadido atendendo ademais aos obxectivos do concepto da bioconomía, que aposta por un novo modelo económico e produtos de carácter ecolóxico, circular, sostibles e respectuosos co medio ambiente.
Relacionadas:
-
A madeira galega contribúe estratexicamente á bioeconomía circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
Ence comprométese co aforro de enerxía, a sustentabilidade e a bioeconomía
Por Noticia patrocinada |
-
O compromiso de Ence con Galicia: bioeconomía, desenvolvemento do rural, creación de emprego e xestión sostible
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa de Ence contribúe a dar resposta a un consumidor cada vez máis concienciado co medioambiente
Por Noticia patrocinada |
-
A industria papeleira comprométese cun modelo produtivo circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
Ence e LC Paper: a celulosa referente en sostibilidade que conquista mercados internacionais
Por Noticia patrocinada |
-
A importancia da celulosa para superar a crise económica
Por Noticia patrocinada |