Dúas citas científicas sitúan a Pontevedra como referente mundial
Por Oskar Viéitez
Pontevedra acolle este mes de setembro dúas citas que sitúan á cidade como un referente muncial para a comunidade científica. Son o Congreso de Mellora Xenética de plantas e o "Taller Internacional sobre a xenética das interaccións entre árbores e parasitos na silvicultura", ambos os organizados pola Misión Biolóxica de Galicia (MBG).
O X Congreso de Mellora Xenética de Plantas desenvolverase do 19 ao 22 de setembro no Pazo da Cultura e reunirá a uns 120 investigadores de todo o planeta.
Segundo explicaron Pablo Velasco e Víctor Rodríguez, portavoces da MBG, esta cita supón un marco idóneo para intercambiar os últimos avances no coñecemento científico e no desenvolvemento profesional nos distintos campos que integran a mellora xenética vexetal, desde o manexo dos recursos fitogenéticos ata a máis avanzada tecnoloxía de modificación xenética, mediante conferencias plenarias e temáticas e comunicacións específicas.
Este Congreso abordará distintas áreas temáticas como os recursos fitogenéticos, a mellora da resistencia a estrés abiótico, pragas, enfermidades, mellora da calidade, valor nutritivo, produción sostible e novos usos e cultivos.
Ademais, desde este luns se esta celebrando nas instalacións do Liceo Casino o "Taller Internacional sobre a xenética das interaccións entre árbores e parasitos na silvicultura" tamén organizado pola Misión Biolóxica de Galicia a través do grupo Ecoloxía e Xenética da Resistencia en Coníferas e auspiciado pola Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal.
O evento conta coa presenza de científicos de máis de 15 países e de máis de 80 institucións. Enmárcase nunha serie de congresos científicos ao redor da mellora xenética da resistencia a enfermidades en especies forestais, o primeiro dos cales tivo lugar en 1969 en Pensilvania (Estados Unidos). Trátase, en concreto, do sétimo congreso ao redor de dita temática no que se reúnen os principais grupos de investigación que traballan sobre ela para presentar novos avances, e debater acerca dos últimos avances no diagnóstico, tratamento e loita contra as pragas e patógenos invasores que ameazan o potencial forestal. Presentaranse máis de 50 traballos científicos orixinais.
A Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) foi fundada en 1921, polo que é o primeiro centro de ciencias agrarias de España e un dos primeiros de Europa. En 2021 cumpriu un século de historia e, desde entón, os avances na investigación e os desenvolvementos agrarios foron de gran magnitude.
Relacionadas:
-
RADIO.- En Biomisión sábeno: a verza galega é un superalimento e neste podcast explican por que
Por Redacción |
-
RADIO.- Pon unha planta de interior na túa vida, non é marketing, díxoo a NASA
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica de Galicia alíase con produtores, cociñeiros e formadores para divulgar os seus bancos de xermoplasma
Por Redacción |
-
A vangarda científica intercambia no Pazo da Cultura os últimos avances no X Congreso Nacional de Mellora Xenética de Plantas
Por Redacción |
-
Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica, nova vicepresidenta adxunta no CSIC
Por Redacción |
-
Unha empresa de Verducido reduce ata nun 90% os gases de efecto invernadoiro que emite o xurro das granxas de vacún
Por Redacción |
-
Investigadores da Misión Biolóxica identifican 163 pés de viña en Santa Clara
Por Redacción |