Os técnicos provinciais toman nota do manual técnico e guía de Biscaia para o deseño de rutas ciclistas
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra e a Deputación de Biscaia viviron este xoves unha xornada de intercambio de coñecemento na que puxeron sobre a mesa as actuacións dos seus departamentos de Mobilidade e Infraestruturas.
Segundo a información facilitada polo gabinete de comunicación da Deputación de Pontevedra o departamento de Mobilidade vasco aplaudiu a filosofía do ‘Modelo Ágora’, do que pretende aproveitar os seus avances en pro da mobilidade activa, e a parte pontevedresa tomará propostas do proxecto BizkaiBizi, de fomento da cultura ciclable.
Nas reunións estiveron presentes o vicepresidente César Mosquera, os deputados de Mobilidade Uxío Benítez e de Infraestruturas Gregorio Agís, así como o director de Mobilidade Daniel Romay e o asesor Jesús Fole.
Pola parte vasca, estiveron o deputado de Mobilidade Miguel Ángel Gómez e integrantes da súa equipa, dirixida polo director de Mobilidade sustentable Ángel Anero que explicou o BiscaiaBizi, un proxecto que lidera o impulso da mobilidade ciclable mediante a implementación de melloras nas infraestruturas -con 400 km de vías ciclistas que se prevén duplicar a 900 km-, aparcamentos e aluguer de bicicletas e outros medios de transporte non motorizados.
Tamén traballan na potenciación de acordos de colaboración con outras entidades públicas ou privadas a fin de promover mobilidade ciclable na busca de promover un sistema tarifario único e integrado.
Acto seguido da reunión en Mobilidade, a delegación pontevedresa tivo un encontro cos representantes do departamento de Infraestruturas, o deputado Imanol Pradales e os directores xerais de Desenvolvemento Territorial Gorka Estébez e o de Innovación e Xestión Viaria, Jon Larrea. Eles expuxeron o Plan de Innovación en Infraestruturas Viarias de Biscaia 2020-2023 en relación ás estradas de competencia foral, e tamén o Plan Territorial Sectorial de Vías Ciclistas de Biscaia (en elaboración), o Plan Director Ciclable 'Biscaia Bizikletaz'), o manual técnico e guía práctica par ao deseño de rutas ciclables, e a norma foral da Rede de Infraestruturas ciclables forales de 2014.
Relacionadas:
-
A Deputación súmase o Día Mundial sen Coches poñendo en valor o seu modelo de mobilidade
Por Redacción |
-
A Deputación intercambia coñecemento con Gipuzkoa sobre mobilidade sustentable
Por Redacción |
-
Mosquera imparte en Logroño un seminario intensivo sobre mobilidade urbana
Por Redacción |
-
Carmela Silva destaca que a Deputación é a administración pública galega que máis recursos dedica a facer fronte á seca
Por Oskar Viéitez |