VÍDEO.- A rede de abastecemento de auga, afectada pola rotura dunha tubaxe en Benito Corbal
Por Diego Espiño
Incidencia na rede de abastecemento de auga da cidade de Pontevedra.
Alredeor das 2.00 horas da madrugada deste sábado produciuse a rotura dunha tubaxe xeral de abastecemento, de 300 mm, na rúa Benito Corbal.
En concreto a incidencia produciuse á altura da farmacia e a tenda H&M, no tramo peonil da vía.
Segundo informa o Concello de Pontevedra, a Policía Local deu aviso á empresa encargada da xestión da auga, Viaqua, que pechou a tubaxe e restableceu o servizo ás 2.30 horas a través doutros tubos da rede.
Viaqua procedeu despois a baldear a zona coa previsión de iniciar a reparación da tubaxe o próximo lubes, día 19 de setembro.
A pesar da auga que brotou á superficie, tras visitar aos posibles locais afectados, non se rexistraron danos materiais, xa que só o interior dun garaxe contou coa entrada de auga sen que se producisen danos nos coches alí estacionados.