Localizan en bo estado unha muller maior que desaparecera en Cercedo-Cotobade
Por Redacción
Afortunadamente todo quedou nun susto.
Efectivos de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade localizaron ao fío da medianoite do sábado a unha muller que desaparecera horas antes do seu domicilio.
Tratábase dunha muller de avanzada idade, que fora por última vez ás 17.00 horas cando saíu do seu domicilio.
Segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ao recibir o aviso coordinouse un dispositivo de procura con Protección Civil e a Garda Civil.
A muller foi finalmente localizada nunha zona de monte de Aguasantas. Atopábase en bo estado, aínda que por precaución foi trasladada por unha ambulancia do 061 ata o Hospital de Montecelo para a súa valoración.