Anceu recupera a súa tradicional Danza Celta
Por Redacción
A parroquia de Anceu, en Ponte Caldelas, gozou este domingo da Festa das Dores.
A cita servía ademais para recuperar, tras a pandemia, un dos eventos máis singulares do municipio, a tradicional Danza Celta.
Trátase dunha danza na que os participantes intercambian vimbias, paus e cintas e que leva máis dun século celebrándose.
En total interprétanse cinco bailes que simbolizan a veneración á virxe das Dores.
Unha imaxe festiva e de tradición que en Anceu tiñan moitas ganas de recuperar.