Interceptan en Poio un condutor que superaba en máis de catro veces a taxa máxima de alcol permitida
Por Diego Espiño
Un condutor foi denunciado por un presunto delito contra a seguridade viaria tras ser interceptado en Poio superando en máis de catro veces a taxa máxima de alcoholemia permitida.
Sucedeu ao redor das 20.00 horas do sábado, cando a Garda Civil deu o alto ao vehículo que conducía na Avenida Peirao Besada.
Os axentes solicitaron a presenza da Policía Local de Poio para realizarlle unha proba de alcoholemia, que deu como resultado 1.16 miligramos por litro en aire respirado.
Cabe lembrar que a taxa máxima na actualidade, para un condutor non novel nin profesional, é de 0.25.
A Policía instruíu as pertinentes dilixencias contra o condutor para o seu traslado ao xulgado de cara a celebración dun xuízo rápido, ao tratarse dunha infracción penal.