Comezan as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción
A Xunta comezou este luns as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que supoñen un investimento autonómico de preto de 223.000 euros.
Levarase a cabo a ampliación da beirarrúa existente onde esta non dispoña de anchura suficiente e habilitaranse novos treitos de beirarrúa onde non a hai ao longo da estrada PO-504, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450.
Mediante esta intervención, conseguirase dar continuidade, pola marxe esquerda da estrada, a un itinerario de ancho axeitado para facilitar o paso dos peóns, ao mesmo tempo que se ordenará o aparcadoiro e se mellorarán os vaos.
Tamén se inclúen nestas obras a renovación de baldosas deterioradas na beirarrúa existente na marxe esquerda, a elevación da cota de beirarrúa, a reordenación do aparcadoiro na marxe esquerda ou a instalación de vallas de protección de colectores.
Ademais, executaranse novos sumidoiros, procederase á reubicación de semáforos e iluminación, á instalación de vallas de protección, ao repintado e á creación dun novo paso de peóns no punto quilométrico 1+230.
Esta actuación complementa ás obras deseñadas pola Xunta para a eliminación dun treito de concentración de accidentes nesta estrada PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, cun investimento superior aos 970.000 euros que comezarán nas vindeiras semanas, para acometer a súa execución de xeito simultáneo.
A Xunta destinará así, a ambas as intervencións, un investimento nesta estrada que sumará máis de 1 millón de euros.
O acto expropiatorio de levantamento de actas previas para executar estas obras de mellora da seguridade viaria neste treito da PO-504 celebrouse o pasado 21 de xullo e a formalización das actas de ocupación levarase a cabo este vindeiro 22 de setembro, ás 10:00 horas e ata as 12:45 no salón de plenos do Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Rematan as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez sitúa na primavera o remate da obra das beirarrúas na estrada Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Ferido un home ao envorcar co seu tractor en Bora
Por Redacción |
-
Adxudican a Covsa a ampliación das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Convocan os propietarios afectados polas obras na PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Máis de 750.000 euros para mellorar a seguridade na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Setembro será o mes de inicio das obras na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |