Segundo atraco a punta de coitelo en 24 horas na cidade
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un encapuchado asaltou este martes un supermercado da cadea Día, no que se converteu no segundo atraco a punta de coitelo en 24 horas no centro de Ponteveda.
O primeiro atraco rexistrouse sobre as 19.00 horas do luns na farmacia da rúa José Malvar e o segundo este martes sobre as 20.00 horas nun supermercado da rúa San Antoniño, segundo confirmaron fontes oficiais da Comisaría Provincial.
Este martes o atracador volveu entrar coa cara semitapada cun pano e unha cazadora con carapucha. Segundo relatou a suposta vítima á Policía, ela estaba nun caixa de costas á porta cando, de súpeto, alguén o suxeitou polo colo con ambos os dous brazos. A continuación, deulle a volta e púxolle un coitelo no colo.
O asaltante obrigoulle a entregarlle toda a recaudacion que había na caixa rexistradora, uns 65 euros. Co botín xa na man, fuxiu a pé a grande velocidade, momento no que dende o supermercado deron a alerta á Policía Nacional. Varias patrullas desprazáronse ata San Antoniño para entrevistar as testemuñas e a suposta vítima.
A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar o sucedido e a súa posible vinculación co atraco da farmacia. Fontes policiais indicaron que a principal hipótese que se baralla é que se trate de mesmo asaltante, pero que o luns tivo un cómplice e este martes actuou só.
A Policía Nacional segue investigando o asalto á farmacia e confirmou que os encapuchados se levaron entre 300 e 350 euros da caixa do negocio e que finalmente descubriron que ao cliente que estaba dentro cando chegaron os asaltantes non o levaron os 50 euros que denunciou nun primeiro momento.
Ademais, investigan a súa vinculación con outros tres atracos cometidos nas dúas últimas semanas. Hai dúas semanas un encapuchado asaltou a punta de coitelo un supermercado da cadea Froiz na avenida de Vigo e o venres 29 de novembro un individuo armado cunha pistola intentou asaltar un estanco da avenida de Santa María e atracou unha farmacia da praza da Verdura.
Relacionadas:
-
A Policía reúne probas abondo para vincular a dous detidos con cinco atracos en dez días
Por Redacción |
-
A Policía Local de Pontevedra detén ao suposto cómplice dos atracos en farmacias
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan se o detido tras tentar roubar no Supercor é o autor de cinco atracos na última semana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Dous encapuchados atracan unha farmacia cun coitelo e levan toda a recadación e 50 euros dun cliente
Por Natalia Puga |