O comisario provincial constata un "pequeno repunte" do tráfico de heroína en toda España e parte de Europa

Por Natalia Puga
"En toda España e cónstame tamén que en parte de Europa está a observarse un pequeno repunte na heroína". Así o constatou este mércores o comisario provincial da Policía Nacional de Pontevedra, Juan José Diaz Jiménez.
O responsable policial referiuse á última operación antidroga que continúa aberta na comarca do Salnés, dirixida a unha rede dedicada ao tráfico de heroína, e confirmou este aumento do tráfico desta substancia estupefaciente rexistrado nos últimos tempos.
A operación en cuestión é xa a terceira fase dunha actuación máis global centrada no tráfico de heroína que tamén ten ramificacións en Portugal e na que, ata o de agora, rexistráronse doce detencións.
A terceira fase deixou este martes tres detidos na comarca do Salnés tras realizarse unha serie de rexistros en domicilios e naves de Ribadumia, Meis, Meaño, Sanxenxo e Barro.
O comisario evitou achegar detalles da operación policial porque o xulgado decretou o secreto das actuacións, pero si avanzou que "me consta que vai haber máis fases" ademais do tres xa realizadas.
A terceira iniciada este martes continúa aberta e as anteriores producíronse hai xa varios meses. Os tres detidos esta semana previsiblemente pasarán a disposición xudicial en Cambados durante a xornada deste xoves 22 de setembro.
Relacionadas:
-
Cumio no Vao para establecer "canles fluídas" de comunicación coa Policía
Por Redacción |
-
A violencia de xénero, a ciberdelincuencia, o crime organizado ou ter máis policías nas rúas, "obxectivos prioritarios" para o novo comisario
Por Alejandro Espiño |
-
Prisión para dous detidos no Salnés por un alixo de 12 quilos de heroína
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As policías Local e Nacional manteñen unha colaboración "excepcional" para protexer unha cidade "segura"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha ducia de detidos nunha operación contra o tráfico de heroína na comarca do Salnés
Por Natalia Puga | Creada e actualizada