Un incendio nunha cociña alerta os veciños da rúa Altamira
Por Mónica Patxot
Arredor das 22.00 horas deste martes 10 de decembro, os bombeiros do Parque municipal tiveron que sufocar o incendio que se rexistraba na cociña dun dos edificios da rúa Altamira.
O incendio provocou a alarma neste barrio da cidade e numerosos veciños, algúns deles en bata, saíron a comprobar o que sucedía. Segundo a información facilitada polo servizo de bombeiros, o incendio orixinábase nunha pequena cociña e rematou por propagarse polos mobles situados nesa estanza. A dotación que se trasladou ata a vivenda conseguiu sufocar rapidamente o lume e evitar que afectase ao resto do piso. Non foi necesario o desaloxo das vivendas e tampouco se rexistraron danos persoais.