Mércores de Cinza e San Bieito, festivos locais en Pontevedra en 2023
Por Redacción
Pontevedra terá en 2023 os mesmos festivos locais que nos últimos anos. Como xa é habitual, serán o Mércores de Cinza e San Bieito.
A Xunta de Portavoces do Concello de Pontevedra acordou este mércores incluír na orde do día do próximo pleno da corporación a aprobación dos festivos municipais para o próximo ano.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, informou das decisións da Xunta de Portavoces e anunciou que a sesión plenaria celebrarase o vindeiro luns 26 de setembro.
A corporación aprobará que non serán laborais nin o mércores 22 de febreiro nin o martes 11 de xullo.
En 2023, ademais, a Xunta de Galicia acordou que serán festivos autonómicos o 17 de maio (Día das Letras Galegas) e o 25 de xullo (Día de Galicia).