O xuíz quere saber "se é posible baixar ao pecio" do Villa de Pitanxo e "se sería útil" para investigar o naufraxio
Por Redacción
O maxistrado da Audiencia Nacional Ismael Moreno pediu un informe pericial para "ditaminar", entre outras cuestións, se "é posible acceder ao pecio" do Villa de Pitanxo e "se sería útil para comprobar os extremos referidos nas distintas versións dos feitos" ocorridos en Terranova (Canadá) o pasado 15 de febreiro.
O xuíz concluíu a principios de setembro que era o competente para investigar o naufraxio tras sete meses de enredo xudicial no que non quedaba clara a competencia. Nada máis determinalo, xa pediu o informe pericial.
Nunha providencia do pasado 8 de setembro publicada por axénciaa Efe, o xuíz dirixiuse á Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), dependente do Ministerio de Transportes, para que informe sobre a cualificación do seu persoal para elaborar a pericial sobre as causas do sinistro e sobre "a posibilidade, utilidade e necesidade de acceder ao prezo para poder resolver acerca de dita cuestión".
O xuíz pediu este informe pericial a pedimento da Fiscalía e, segundo publica esta axencia de noticias aínda non obtivo resposta á providencia.
As familias dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio -outros tres mariñeiros sobreviviron- insisten desde hai meses na necesidade de baixar ao pecio para investigar o ocorrido.
Ademais, a CIAIM emitiu o pasado 5 de setembro unha comunicación na que sinalaba que se iniciaron consultas para determinar os medios técnicos necesarios e o custo económico de baixar ao pecio, ao entender que-"podería contribuír" a obter datos de interese.
Ante o xuíz, e tamén ante a Garda Civil de Pontevedra que investiga este naufraxio, hai dúas versións contrapostas sobre o naufraxio. Unha facilítana o patrón do barco, Juan Padín investigado na causa, e o seu sobriño, Enrique Rial. A outra, o terceiro sobrevivente, o mariñeiro de orixe ganesa Samuel Kwesi.
Relacionadas:
-
Conta atrás para o primeiro informe sobre o naufraxio, que xa se recreou cun modelo a escala do Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga |
-
España aclara que só baixará ao Villa de Pitanxo se o piden os expertos que investigan o naufraxio
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Conceden a nacionalidade española a Samuel Kwesi Koufie, mariñeiro de orixe ganesa sobrevivente no Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga |
-
"Que a ministra de Traballo diga que 21 traballadores que faleceron non é da súa competencia excede certos límites de decencia"
Por Natalia Puga |
-
O PSdeG apoia os familiares do Villa de Pitanxo para que se baixe ao pecio: "Os cartos non poden ser un problema"
Por Oskar Viéitez |
-
Continúa o enredo xudicial polo naufraxio do Villa de Pitanxo ao pedir a Fiscalía que o investigue un xulgado de Vigo
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Nacional asume a investigación do naufraxio do Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga |
-
Familias do Villa de Pitanxo: "isto parécese moito ao Alvia, ao Yak-42 e a Spanair, políticos que non asumen responsabilidades"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Familiares do Villa de Pitanxo acusan o sobriño do patrón de mentir e piden á Audiencia Nacional que o investigue
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Nacional pide á Garda Civil que analice o móbil dun dos falecidos do Villa de Pitanxo
Por Redacción |