Cuntis viaxará de novo á Belle Époque o próximo 1 de outubro
Por Redacción
Cuntis volverá ao pasado para revivir unha das súas épocas máis gloriosas. Tras o parón que supuxo a pandemia, a Festa da Belle Époque regresará ao grande. Farao cunha oitava edición que se celebrará o vindeiro sábado 1 de outubro.
Veciños e visitantes, ataviados cos seus traxes de época, volverán a principios do século XX cunha festa que comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú na Praza das Árbores que estará amenizada pola banda Galinfunk Brass.
Unha hora máis tarde será a comida popular -que require inscrición previa-, ofrecendo tortilla, croquetas, empanada, jarrete de tenreira, sobremesa e bebidas. Os adultos deberán para 31 euros, mentres que para o público infantil custará 15 euros.
Xa pola tarde, segundo consta no programa da festa, haberá un concerto de Fanfarria Furruxa (16:00 horas) e actividades infantís na Praza de Ferrol.
O desfile central da Festa da Belle Époque arrancará ás seis da tarde desde a Rúa da Igrexa e, ás nove da noite, será o concerto de Bichos Jazz Band na Praza das Árbores.
Ao longo de toda a xornada, diferentes espazos públicos de Cuntis acollerán, entre outras actividades, sesións de circo, xogos de época para toda a familia, paseos en carruaxe polo centro urbano e diferentes exposicións.
Para solicitar información sobre todas as actividades previstas, a organización habilitou os teléfonos 666 490 869 e 655 258 410 ou o correo asociacionbelle.epoque@gmail.com.