Benestar Social e Xoga organizan un curso básico e gratuito de lingua de signos
Por Redacción
A concellería de Benestar Social e o colectivo Xoga (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) desenvolverán un curso de lingua de signos de nivel A1.1 (básico) entre os días 8 de outubro e 3 de decembro en Pontevedra co obxectivo de facilitar a superación das limitacións invisibles que cada día se lle impoñen ás persoas con diversidade sensorial e defender a equidade, a accesibilidade universal, a inclusión e a comunicación sen límites.
Trátase dunha formación de balde destinada ao propio persoal da concellería e á poboación en xeral, cun límite de 15 prazas, e para a que terán preferencia á hora de inscribirse os familiares directos de persoas xordas e con perda auditiva, os usuarios de Servizos Sociais e as persoas desempregadas, sendo imprescindible estar empadroado no concello de Pontevedra.
O curso terá lugar os sábados pola mañá, en horario de 10:00 a 13:30 horas, na Sala Valdecorvos da Casa Azul (rúa Sor Lucía, 4) e a preinscrición poderá realizarse a través do enlace https://apuntate.pontevedra.gal/ a partir deste venres 30 de setembro ata o 4 de outubro.
"Aquelas persoas que sexan aceptadas para participar no curso, deberán entregar posteriormente a correspondente documentación de cara a confirmar a súa praza: DNI, certificado de empadroamento, tarxeta de demandante de emprego e tarxeta de discapacidade ou algún documento acreditativo da mesma", explica o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey.
Relacionadas:
-
Pontevedra fala coas mans para defender a lingua de signos tamén en galego
Por Redacción |
-
Benestar Social prepara un curso de Habilidades Sociais na Cociña para usuarios dos Servizos Sociais
Por Redacción |
-
Pontevedra adhírese ao acordo pola mellora da saúde mental xuvenil de Galicia
Por Redacción |
-
Expertos conclúen que a Lingua de Signos Galega é unha realidade, que existe, e non hai que creala
Por Oskar Viéitez |
-
As visitas turísticas a Pontevedra, a través da lingua de signos
Por Alejandro Espiño & Diana Eiras |